23.4.15

Inescrutábeis

Coitados os que senten
e non ven o que teñen diante;
os que desafogan as bágoas
calando e desollando unha margarida,
procurando polas respostas
que non son capaces de atopar
por eles mesmos.
Coitados os que non ven co corazón,
os que toman o pulso da vida
e tratan de guialo polo camiño fácil;
os que cren poder gañar,
os que apostan polo cabalo bonito
sen saber
os dentes falmaguentos que agocha.
Coitados os que non cren no amor.
Coma ti.
Coma min.
Só porque aquela flor
cadrou en Non.

1 comentario:

Charlie Taylor dijo...

Hola, acabo de descubrir tu blog. Te sigo, pasate por mi blog ;)
http://radioactive-books.blogspot.com.es/

Publicar un comentario

Muchas gracias por tu comentario.